Estivemos na presentación de "+Escénicas", o novo circuíto profesional da Deputación de Pontevedra que a asociación axudou a crear
Ao acto de presentación asistiron o xerente da asociación e representantes dalgunhas das entidades socias da provincia
Este 2 de outubro, en sesión de mañá, asistimos na sede da Deputación Provincial de Pontevedra o novo circuíto profesional "+ Escénicas", que contou cunha actuación da socia "Pedras de Cartón" e na que a asociación estivo representada polo noso xerente.
Escena Galega participou na rolda de intervencións neste acto como entidade que durante moitos anos estivo traballando coa Deputación de Pontevedra para lograr un circuíto escénico provincial, cunha normativa clara, igualdade de oportunidades para todas as compañías galegas (non só as pontevedresas) e un réxime de cofinanciamento xusto que tivera en conta o número de habitantes de cada Concello.
O novo circuíto
"+Escénicas" é un circuíto de teatro e danza promovido pola Deputación de Pontevedra. Ao evento de presentación -dirixido a alcaldes, alcaldesas, concelleiros e concelleiras de municipios con menos de 20.000 habitantes e nel os responsables políticos do circuíto presentaron este novo programa, dotado con 175.000 euros, permitindo que cada concello poida organizar ata tres actuacións culturais.