Skip to main content

QUEN SOMOS

Escena Galega

ESCENA GALEGA (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) é a asociación de referencia para o sector profesional das artes escénicas en Galicia, creada en marzo de 2002 por iniciativa de 16 compañías de teatro. Actualmente somos xa 56 compañías e empresas produtoras as que formamos parte desta entidade, dende que no ano 2015 decidimos unir forzas para posicionar a asociación como interlocutora coas institucións e demais axentes do medio. O noso obxectivo é impulsar o desenvolvemento empresarial de cara á modernización do sector, sen perder a identidade das compañías como motores creativos das artes escénicas galegas. 

A día de hoxe a entidade abrangue unha gran porcentaxe do sector escénico profesional galego, con proxectos de produción e creación moi diversos; teatro para infancia, mocidade e público adulto, monicreques, novo circo, danza e artes do movemento. 


Xunta Directiva de Escena Galega

Eva Alonso Gómez

PRESIDENTA
(Teatro do Noroeste)

Antonio “Tone” Martínez Rial

VICEPRESIDENTE
(Galeatro)

Guillermo Carbajo Martínez

SECRETARIO
(Redrum Teatro)

Marta Iglesias Martín

TESOUREIRA E VOGAL DE NOVO CIRCO
(Sempre Arriba)

Francisco Sieira González

VOGAL DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO
(Fran Sieira Compañía de Danza)

Rocío Salgado Pérez

VOGAL
(Ártika Cía.)

Paula Quintas Santos

VOGAL
(Paula Quintas Cía.)

Carmen Conde Gaute

VOGAL
(Tarabela Creativa)

 

Equipo de Escena Galega

Diego Vázquez Meizoso

XERENTE

Noelia Antelo

COMUNICACIÓN

Queres formar parte de Escena Galega?

FaLang translation system by Faboba