Escena Galega, a casa das escénicas galegas, aglutina dende a pasada Asamblea Xeral a 60 compañías profesionais de Galicia
Tras a adhesión de Compañía Humana e Constance Hurlé a comezos do verán, segue a consolidarse como asociación de referencia en Galicia
Escena Galega, a Asociación Galega de Artes Escénicas, continúa sacando músculo, consolidando o seu peso sectorial ao acadar as 60 entidades asociadas.
Creada en marzo de 2002 por iniciativa de 16 compañías de teatro, actualmente a asociación está formada por 60 compañías e empresas produtoras, como resultado dun proceso de confluencia e cohesión iniciado no 2015 para reforzar o posicionamento da asociación como interlocutora coas institucións e demais axentes do medio, e para impulsar así mesmo o desenvolvemento empresarial de cara á modernización do sector, sen perder a identidade das compañías como motores creativos das artes escénicas galegas.
A día de hoxe ESCENA GALEGA abrangue a unha enorme porcentaxe do sector escénico profesional galego, compoñendo un conxunto de estruturas de produción e creación de moi diversas tipoloxías a nivel profesional, nos eidos do teatro para a infancia e a mocidade, teatro para público adulto, monicreques, danza e artes do movemento e novo circo.
Dende a Xunta Directiva e como entidade sectorial celebramos o consenso das escénicas galegas na conformación desta casa e congratulámonos de poder continuar tan respaldadas as sendas de traballo iniciadas ao longo destes anos.
Grazas por facer parte de Escena Galega, a casa de todas das artes escénicas de Galicia!