Escena Galega anuncia nova formación de QLAB os vindeiros 3, 4 e 5 de xuño no Salón Teatro de Compostela

Escena Galega anuncia nova formación de QLAB os vindeiros 3, 4 e 5 de xuño no Salón Teatro de Compostela

A proposta, de 18 horas de duración, estará conducidas por Efrén Bellostes (Global Audio Solutions) e busca que as persoas participantes entendan a configuración e programación de eventos multimedia utilizando QLAB 5

Escena Galega volta a ofertar formación ás súas compañías asociadas, desta volta coa proposta Deseño, programación escénica, audiovisual e conectividade QLAB 4/5. A proposta redunda sobre o coñecemento de Qlab, unha ferramenta creada para a programación audiovisual e de iluminación no traballo escénico, permitindo sincronizar todos os elementos sonoros, de imaxe e de iluminación du espectáculo sen saír da contorna Qlab. A formación ofrecese de cara á visión de alumnado que descoñeza a ferramenta, de maneira que está aberta tanto a persoas non iniciadas como iniciadas que queiran reforzar a súa xestión do programa. O docente encargado de conducir a proposta será Efrén Bellostes, de Global Audio Solutions, e a formación realizarase os vindeiros 3, 4 e 5 de xuño en horario de 9:00 a 15:00h nas instalacións do Salón Teatro compostelán.

Temario

AS LUCES EN QLAB

  • Configuración de preferencias, DMX, AR-NET e patch.
  • Creación de fixtures / definitions.
  • Dashboard, uso e mapeado midi.
  • Lighting cue: programación e exemplos prácticos con simulador.
  • App para Ipad, conexión e utilidades específicas de luces.
  • Uso de Qlab con simuladores (Capture)
  • Exercicios de programación completa de secuencia de iluminación.

CONTROL E NETWORK EN QLAB

  • MIDI cue: Breve explicación do código midi, tipos de mensaxes, utilidades.
  • Configuración de preferencias, triggers e hotkeys.
  • Exemplos e exercicios prácticos de control de equipos.
  • Timecode: programación e usos. Exemplos prácticos.
  • Network cue: Breve explicación dos códigos de programación, OSC.
  • Configuración de preferencias, conexión vía IP e pascode.
  • Utilidades OSC, con exemplos e exercicios prácticos.
  • Demostración e exercicios de control entre equipos informáticos.
  • Iniciación a Apple script, exemplo de uso.

O VÍDEO EN QLAB 5

  • Configuración de preferencias, creación de pantallas, cámara routing e entradas soportadas.
  • Configuración de vídeo en QLAB 5.
  • Vídeo cue: programación e usos.
  • Fade cue: tipos de fade de vídeo, exemplos prácticos.
  • Efectos de vídeo en qlab.
  • Text cue: programación e exemplos prácticos.
  • Camera cue: programación e exercicios prácticos.
  • Exercicios de programación completa de secuencia de vídeo.
  • Construción entre todo o alumnado dun proxecto completo, como repaso do aprendido durante o curso.
  • Solución de problemas habituais ou concretos no directo.

Necesidades do alumnado

As persoas inscritas deberán contar cun ordenador Macintosh con sistema operativo mínimo 10.11 O Capitán, auriculares para funcionar co seu sistema e un lapis de memoria.

A actividade está enfocada a profesionais das artes escénicas, tanto de perfil técnico como artístico ou de xestión, mais trátase dunha formación que require de coñecementos técnicos previos. As compañías asociadas a Escena Galega poderán inscribir ao seu nome a colaboradores/as de perfil técnico se así o desexan, aínda que non formen parte do núcleo estable da compañía.

Inscrición 

O límite máximo é de 15 prazas, por orde de inscrición.

A formación é de balde para entidades socias de Escena Galega. No caso de ficar prazas libres, poderán asistir persoas non asociadas, previo pago dunha matrícula de 90 €. Para inscribirse é necesario enviar un correo a  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co título da formación no asunto e os datos da persoa interesada (nome completo/teléfono/correo-e) ata o xoves 30 de maio ás 23.59 h.

Pode revisarse o dossier da formación íntegro aquí.

Este paquete formación conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Centro Dramático Galego-Salón Teatro.

 

© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.