A terceira sesión do paquete formativo anual de Escena Galega falará de fondos europeos o vindeiro 20 de xullo
A xornada estará relatada por Augusto Paramio, do Ministerio de Cultura e Deporte, Magdalena Úbeda, da Agencia Andaluza de Instituciones Culturales, e persoal da consultora especializada Eosa (Vigo)
Escena Galega chega ao ecuador do seu paquete de formación anual cun taller en liña sobre Fondos Europeos. Terá lugar o martes 20 de xullo de 2021 a través da plataforma Zoom en horario de 10 a 14h.
Desta volta obteremos ao longo da sesión unha perspectiva das características e novidades fundamentais do novo programa para as industrias culturais e creativas Europa Creativa 2021-2027 así como da convocatoria do programa CERV 2021-2027 (Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores), que ofrecen novas posibilidades de financiamento de proxectos no marco da cooperación europea.
Contidos
No primeiro bloque da xornada estará relatado por Augusto Paramio, coordinador da oficina Europa Creativa-Cultura e do programa CERV en España, así como de Magdalena Úbeda, da Agencia Andaluza de Instituciones Culturales, coordinadora do proxecto europeo Let’s Dance.
No tanto do segundo bloque da xornada, acompañados de persoal da consultora de estratexia e organización Eosa, afincada en Vigo, daremos un repaso polo chamado Compoñente 24 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, o compoñente do mesmo encamiñado ao “impulso da industria da cultura e o deporte”, os seus obxectivos, características xerais e posibles puntos de interese específico para o sector das artes escénicas profesionais. Esta presentación será de carácter xeral de cara a adiantar información e contextualizar estes fondos, antes do artellamento específico destes por medio de convocatorias públicas das distintas AAPP do Estado e Comunidades Autónomas.
Inscrición
A inscrición é de balde tanto para socios/as de Escena Galega como para outros/as profesionais do sector. Para inscribirse é necesario enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. con copia a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co título da xornada no asunto e os datos da persoa interesada (nome completo/teléfono/correo-e) ata o venres 16 de xullo ás 14.00 h.
Pode revisarse o documento explicativo completo aquí.
Este paquete formación conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).