Skip to main content
A proposta formativa de Escena Galega retoma a presencialidade cun obradoiro de formación integral en comunicación para as artes escénicas

A proposta formativa de Escena Galega retoma a presencialidade cun obradoiro de formación integral en comunicación para as artes escénicas A proposta formativa de Escena Galega retoma a presencialidade cun obradoiro de formación integral en comunicación para as artes escénicas

As dúas sesións que o compoñen serán impartidas por The office e terán lugar no Espazo Off da Cidade da Cultura (Compostela) Las dos sesiones que lo componen serán impartidas por The office y tendrán lugar en el Espacio Off de la Cidade da Cultura (Compostela)

Escena Galega continúa co seu paquete formativo anual co obradoiro "Comunicación integral para compañías de artes escénicas: manual de supervivencia", que terá lugar os vindeiros 16 e 17 de xuño no Espazo Off da Cidade da Cultura (Compostela). 

Docentes

As encargadas de impartir a formación serán Luisa Castiñeira, Lucía Martínez e Lucía Pita, de The Office Comunicación.

A primeira delas, Luisa Castiñeira, é xornalista e consultora de comunicación especializada en cultura e artes escénicas. Logo de traballar como editora e redactora no diario El Mundo durante cinco anos, nos últimos quince dirixe e desenvolve campañas de comunicación para proxectos e clientes como Festival de Otoño (no que exerce de xefa de prensa nas últimas 12 edicións), ARCOMadrid, MadridFoto, Instituto Cervantes, Fundación Coca-Cola, Madrid en Danza, Escena Contemporánea, MIT Ribadavia, FIOT, Teatros del Canal, Conde Duque Madrid
ou El Pavón Teatro Kamikaze, entre outras iniciativas culturais.

No tanto de Lucía Martínez, é xornalista e consultora de comunicación enfocada na contorna dixital. Tras dez anos de experiencia en
medios como TVE ou a Axencia EFE, especialízase no eido da estratexia dixital, a comunicación en liña e as redes sociais, e comeza a xestionar a mensaxe de marcas, empresas e institucións na rede. Desde 2015 forma parte de The Office como responsable do equipo de comunicación dixital, dirixindo esta parte de proxectos culturais como o Festival de Otoño, Madrid en Danza, FIOT, Camino Escena Norte, Cineuropa, ButacaZero, o Festival Noroeste Estrella Galicia ou Momentos Alhambra Acustiquísimos, entre outros.

A última das docentes, Lucía Pita, é xornalista e consultora de comunicación. Inicia a súa traxectoria en redaccións de ámbito estatal para
despois desenvolver campañas como responsable de medios sociais no ámbito do lecer e da cultura en Galicia. Entre os anos 2015 e 2019 traballa no Gabinete de Prensa do Concello da Coruña e regresa, no verán de 2019, a The Office. Desde entón, forma parte do equipo de prensa de proxectos como FIOT, Fanzine Fest, Festival Noroeste Galicia ou Cineuropa; compañías como Voadora, ButacaZero ou La
Macana; e de grupos como Tanxugueiras, Sés ou Luar Na Lubre.

A proposta

No obradoiro trataranse os aspectos fundamentais e as ferramentas máis útiles para xestionar a comunicación tanto offline como online e optimizar o traballo de difusión das producións e espectáculos. A través de exemplos reais, non só se ofrecerá unha base teórica da relación cos medios e os materiais de comunicación, senón que se ensinará a manexar estes aspectos no día a día.

A formación é de balde para socios/as de Escena Galega. A formación ten 15 prazas dispoñibles e, no caso de quedar prazas libres, poderán asistir persoas non asociadas, previo pago dunha matrícula de 40 €. Para inscribirse é necesario enviar un correo a infoEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co título da formación no asunto e os datos da persoa interesada (nome completo/teléfono/correo-e) antes do luns 14 de xuño ás 20h.

Pode revisarse o documento explicativo completo aquí.

Este paquete formación conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). 

Escena Galega continúa con su paquete formativo anual con el taller "Comunicación integral para compañías de artes escénicas: manual de supervivencia", que tendrá lugar los próximos 16 y 17 de junio en el Espacio Off de la Cidade da Cultura (Compostela).

Docentes

Las encargadas de impartir la formación serán Luisa Castañar, Lucía Martínez y Lucía Gallina, de The Office Comunicación.

La primera de ellas, Luisa Castañar, es periodista y consultora de comunicación especializada en cultura y artes escénicas. Después de trabajar cómo editora y redactora en el diario Él Mundo durante cinco años, nos últimos quince dirige y desarrolla campañas de comunicación para proyectos y clientes como Festival de Otoño (en lo que ejerce de jefa de prensa en las últimas 12 ediciones), ARCOMadrid, MadridFoto, Instituto Cervantes, Fundación Coca-Cola, Madrid en Danza, Escena Contemporánea, MIT Ribadavia, FIOT, Teatros de él Canal, Conde Duque Madrid o El Pavón Teatro Kamikaze, entre otras iniciativas culturales.


En lo relativo a Lucía Martínez, es periodista y consultora de comunicación enfocada en el entorno digital. Tras diez años de experiencia en
medios como TVE o la Agencia EFE, se especializa en el campo de la estrategia digital, la comunicación en línea y las redes sociales, y comienza a gestionar el mensaje de marcas, empresas e instituciones en la red. Desde 2015 forma parte de The Office como responsable del equipo de comunicación digital, dirigiendo esta parte de proyectos culturales como el Festival de Otoño, Madrid en Danza, FIOT, Camino Escena Norte, Cineuropa, ButacaZero, el Festival Noroeste Estrella Galicia o Momentos Alhambra Acustiquísimos, entre otros.
La última de las docentes, Lucía Gallina, es periodista y consultora de comunicación. Inicia su trayectoria en redacciones de ámbito estatal para
después desarrollar campañas como responsable de medios sociales en el ámbito del ocio y de la cultura en Galicia. Entre los años 2015 y 2019 trabaja en el Gabinete de Prensa del Ayuntamiento de A Coruña y regresa, en verano de 2019, la The Office. Desde entonces, forma parte del equipo de prensa de proyectos como FIOT, Fanzine Fest, Festival Noroeste Galicia o Cineuropa; compañías como Voladora, ButacaZero o La Macana; y de grupos como Tanxugueiras, Sedes o Luar na Lubre.

El taller
En el taller se tratarán los aspectos fundamentales y las herramientas más útiles para gestionar la comunicación tanto offline como online y optimizar el trabajo de difusión de las producciones y espectáculos. A través de ejemplos reales, no solo se ofrecerá una base teórica de la relación con los medios y los materiales de comunicación, sino que se enseñará a manejar estos aspectos en el día a día.
La formación es gratuita para socios/las de Escena Gallega. La formación tiene 15 plazas disponibles y, en el caso de quedar plazas libres, podrán asistir personas no asociadas, previo pago de una matrícula de 40 €. Para inscribirse es necesario enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. con el título de la formación en el asunto y los datos de la persona interesada (nombre completo/teléfono/correo-e) antes del lunes 14 de junio a las 20 h.

Puede revisarse el documento explicativo completo aquí.

Este paquete formación cuenta con la colaboración de la Xunta de Galicia a través de la Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

FaLang translation system by Faboba