Skip to main content
Arrinca o programa formativo de Escena Galega 2021 cun obradoiro en liña de financiamento privado nas artes escénicas

Arrinca o programa formativo de Escena Galega 2021 cun obradoiro en liña de financiamento privado nas artes escénicas Arrinca o programa formativo de Escena Galega 2021 cun obradoiro en liña de financiamento privado nas artes escénicas

Conducido por Beatriz R. Fontán (BenCuriosa), achegará ás e os asistentes o patrocinio nas artes escénicas Conducido por Beatriz R. Fontán (BenCuriosa), acercará a las y los asistentes el patrocinio en las artes escénicas

Escena Galega arranca co seu paquete de formación anual co obradoiro "Financiamento privado de proxectos: achegamento ao patrocinio nas artes escénicas",  que terá lugar oos vindeiros 11 e 12 de maio vía zoom.

A encargada de dar a formación será Beatriz R. Fontán (BenCuriosa), profesional que desenvolve a súa carreira nas áreas de comunicación, produción, xestión e mercadotecnia. Entre outras compañías ten traballado no Grupo Prisa, El Mundo e as produtoras galegas Filmax, Ficción Producións, Milú Films e Continental Producións, coordinando tamén o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela “Curtocircuito”. Durante os últimos anos colaborou estreitamente coa banda galega “Berrogüetto” asumindo as tarefas de management e contratación de xiras a nivel nacional e internacional. Actualmente desenvolve formación en xestión de públicos e marketing cultural, ademais de acompañar a profesionais independentes e PEMES en procesos de deseño de estratexia e comunicación efectiva. Tamén impulsa os proxectos www.serapornombres.com e www.poliedrica.es

No obradoiro ofrecerase unha perspectiva global das posibilidades de financiamento alternativo de proxectos (producións, xiras...) de artes escénicas, dende a iniciativa privada nos seus distintos formatos.

No relativo aos contidos, reflexionaremos da conexión dos públicos das artes escénicas e das marcas, exporase o desenvolvemento do deseño e elaboración de dossieres, propostas e plans de patrocinio e guiarase na estratexia e nas técnicas para a defensa de propostas de patrocinio.

Tamén se porán en común casos prácticos de éxito, coñecendo a través dun debate informal e participativo entre as persoas asistentes, dous exemplos de compañías produtoras con algún tipo de experiencia na colaboración e financiamiento de capital privado nas súas liñas de traballo e modelo de negocio: Artur Trillo (Talía Teatro-Galicia) e Javier Ortiz (El Sol de York-Madrid)

A formación é de balde para socios/as de Escena Galega. A formación ten 15 prazas dispoñibles e, no caso de quedar prazas libres, poderán asistir persoas non asociadas, previo pago dunha matrícula de 40 €. Para inscribirse é necesario enviar un correo a infoEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co título da formación no asunto e os datos da persoa interesada (nome completo/teléfono/correo-e) antes do luns 10 de maio ás 14h.

Pode revisarse o documento explicativo completo aquí.

Este paquete formación conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). 

Escena Galega arranca con su paquete de formación anual con el taller "Financiación privada de proyectos: acercamiento al patrocinio en las artes escénicas", que tendrá lugar los próximos 11 y 12 de mayo vía zoom.

La encargada de dar la formación será Beatriz R. Fontán ( BenCuriosa), profesional que desarrolla su carrera en las áreas de comunicación, producción, gestión y mercadotecnia. Entre otras compañías ha trabajado en el Grupo Prisa, Él Mundo y las productoras gallegas Filmax, Ficción Producciones, Milú Films y Continental Producciones, coordinando también el Festival Internacional de Cortometrajes de Santiago de Compostela “Curtocircuito”. Durante los últimos años colaboró estrechamente con la banda gallega “ Berrogüetto” asumiendo las tareas de management y contratación de giras a nivel nacional e internacional. Actualmente desarrolla formación en gestión de públicos y marketing cultural, además de acompañar la profesionales independientes y PYMES en procesos de diseño de estrategia y comunicación efectiva. También impulsa los proyectos www.serapornombres.com y www.poliedrica.es

En el taller se ofrecerá una perspectiva global de las posibilidades de financiación alternativa de proyectos (producciones, giras...) de artes escénicas, desde la iniciativa privada en sus distintos formatos.

En lo relativo a los contenidos, reflexionaremos de la conexión de los públicos de las artes escénicas y de las marcas, se expondrá el desarrollo del diseño y elaboración de dossieres, propuestas y planes de patrocinio y se guiará en la estrategia y en las técnicas para la defensa de dichas propuestas.

También se pondrán en común casos prácticos de éxito, conociendo a través de un debate informal y participativo entre las personas asistentes, dos ejemplos de compañías productoras con algún tipo de experiencia en la colaboración y financiamiento de capital privado en sus líneas de trabajo y modelo de negocio: Artur Trillo (Talía Teatro-Galicia) y Javier Ortiz (Él Sol de York-Madrid)

La formación es gratuita para socios/as de Escena Galega. Hay 15 plazas disponibles y, en el caso de quedar plazas libres, podrán asistir personas no asociadas, previo pago de una matrícula de 40 €. Para inscribirse es necesario enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. con el título de la formación en el asunto y los datos de la persona interesada (nombre completo/teléfono/correo-e) antes del lunes 10 de mayo a las 14 h.

Puede revisarse el documento explicativo completo aquí.

Este paquete formación cuenta con la colaboración de la Xunta de Galicia a través de la Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

FaLang translation system by Faboba