A primeira proposta de formación do ano afondará nas estratexias para a asistencia de compañías de artes escénicas a foros profesionais o vindeiro 22 de marzo

A primeira proposta de formación do ano afondará nas estratexias para a asistencia de compañías de artes escénicas a foros profesionais o vindeiro 22 de marzo

Da man de Susana Rubio e Santiago Martínez, as e os asistentes aprenderán a optimizar o seu traballo en feiras e mercados para mellorar a distribución dos seus espectáculos

Escena Galega inaugura o seu programa anual de formación cunha proposta estratéxica para a asistencia a feiras, mercados e foros profesionais de artes escénicas. Terá lugar o vindeiro mércores 22 de marzo no Espazo OFF da Cidade da Cultura (Compostela), en xornada continua de 10 a 20h. As docentes Susana Rubio e Santiago Martínez serán os encargados de conducir a xornada. 

No primeiro bloque (10 a 14h), Santiago Martínez impartirá a sesión "Enfoque, preparación e estratexias para unha presentación exitosa en formato pitch". Nela coñeceremos as técnicas de persuasión necesarias paravender en pouco tempo calquer produto ou servizo ao noso potencial cliente.

Xa na sesión da tarde, Susana Rubio centrará a atención en como chegar as feiras "cos deberes feitos", dende a preparación ata o traballo posterior. 

Inscrición 

A formación é de balde para entidades socias de Escena Galega. No caso de ficar prazas libres, poderán asistir persoas non asociadas, previo pago dunha matrícula de 40 €. Para inscribirse é necesario enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co título da formación no asunto e os datos da persoa interesada (nome completo/teléfono/correo-e) ata martes 21 de marzo ás 10.00 h.

Pode revisarse o dossier da formación íntegro aquí.

O programa de formación, consultoría e acompañamento profesional de Escena Galega conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais

 

© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.