Escena Galega celebrou a súa primeira Asamblea Xeral do ano para facer balance do 2022 e encarar o traballo sectorial no 2023
O pasado 14 de febreiro convocáronse ás empresas asociadas para facer balance do 2022 e encarar conxuntamente o labor sectorial de 2023
Escena Galega vén de celebrar a primeira Asemblea Xeral ordinaria do ano, onde convocou ás e aos representantes das súas entidades socias para poñer en común e facer balance do traballo sectorial desenvolto no 2022 e encarar o labor da asociación de cara a 2023.
A entidade sectorial aglutinou ás súas socias nunha xuntanza onde se revisaron as liñas de traballo abertas ao longo do pasado ano e os resultados das mesmas. Fíxose balance das distintas liñas de acción, actividades e servizos ofertados e acadados no 2022 e compartiuse o plantexamento da acción da asociación para o 2023.