Escena Galega organiza por vez primeira unha xornada de venda e promoción de espectáculos na Cidade da Cultura

Escena Galega organiza por vez primeira unha xornada de venda e promoción de espectáculos na Cidade da Cultura

Á cita acudirán unha vintena de programadoras e programadores e o prazo de inscrición de compañías permanece aberto ata o vindeiro venres 29 de outubro

Dende Escena Galega, e co apoio económico e colaboración da Xunta de Galicia por medio Agadic e da Cidade da Cultura, organízase a 1ª XORNADA ESCÉNICA DE PROMOCIÓN PROFESIONAL E VENDA DE GALICIA.
Esta nova actividade ponse en marcha como "proba piloto" e trata de crear un espazo profesionalizado de relación entre compañías e profesionais da programación para axudar a facilitar a labor de distribución e venda dos espectáculos, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra, enfocado sobre todo na produción e traballos escénicos producidos no 2º semestre do ano e de cara á programación do 1S 2022 da RGTA (que abrirá o seu periodo de contratación non antes desa data), mais tamén da convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña a comezos de ano ou de calquera outra programación propia dos espazos (campañas escolares, programacións de Nadal, etc).

Programa da xornada
Quenda de mañá
10h. – 10.30h. BENVIDA AOS / ÁS PROFESIONAIS ASISTENTES E INAUGURACIÓN DA XORNADA
10.30h. – 11.30h. DINÁMICA DE PRESENTACIÓN E BENVIDA Guiada polo facilitador Diego Parajó.
11.30h. – 14.30h. ROLDA DE PRESENTACIÓNS PROFESIONAIS RÁPIDAS (15 presentacións de 8 min. + 2’5 min. aproximadamente entre elas)
12.30h. – 13h. (APROX.) PAUSA CAFÉ / NETWORKING
*Realizarase unha pausa café durante a rolda de presentacións.

Quenda de tarde
14.30h. – 16h. XANTAR COMPARTIDO / NETWORKING
16h. – 19h. ROLDA DE NEGOCIO: XUNTANZAS RÁPIDAS (máximo 14 xuntanzas de 8 min. por programador/a + 2 ́5 min aproximadamente entre elas + dúas pausas/descanso de 15 minutos).

A xornada terá lugar en distintos espazos da Cidade da Cultura (Monte Gaiás s/n - Santiago de Compostela) o martes 9 de novembro de 2021 en horario de 10.00 a 19.00 h. Asistirán á mesma máis dunha vintena de programadores e progromadoras, a inscrición é de balde e pode realizarse a través desta ligazón ata o vindeiro venres 29 de outubro ás 14h.

Pode descargarse o documento coa información completa (listaxe de programadores, actividades e outras cuestións a ter en conta) aquí.

Estas xornadas contan coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

 

 

 

© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.