Escena Galega remata a súa oferta formativa anual cun curso de Qlab
A xornada formativa terá lugar os vindeiros 22, 23 e 24 de novembro en quenda de mañá no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro (Ames) e será impartida por Libe Aramburuzabala de la Cía de la Luz
Escena Galega continúa co seu paquete formativo anual cunha sesión de formación en Qlab, unha ferramenta creada para a programación audiovisual e de iluminación no traballo escénico, permitindo sincronizar todos os elementos sonoros, de imaxe e de iluminación du espectáculo sen saír da contorna Qlab. A formación ofrecese de cara á visión de alumnado que descoñeza a ferramenta, de maneira que está aberta tanto a persoas non iniciadas como iniciadas que queiran reforzar a súa xestión do programa. A docente encargada de conducir a proposta será Libe Aramburuzabala da Cía de la Luz
Contidos
Son: Audio Cues, Mic Cues, inserción de efectos en Qlab.
Vídeo: Vídeo surfaces, multiproxección, rutinas de programación, efectos de vídeo.
Iluminación: Configuración de dispositivos ArtNet, patcheo, programación, creación
de memorias, creación de librarías.
1.- Hardware Mac & Software Qlab.
2.- Interface.
3.- Preferencias xenéricas e específicas de cada área.
4.- Cues de son & mic.
5.- Cues de vídeo.
6.- Cues de iluminación.
7.- Follow & auto continue.
8.- Grupos: estudaremos como cada tipo de grupo pode xestionar dunha maneira
concreta o seu propio contido.
9.- Protocolo tcp-IP e conexión con outros programas.
10.- MIDI & OSC.
Inscrición
A formación é de balde para socios/as de Escena Galega, se quedan prazas libres, poderán asistir persoas non asociadas, previo pago dunha matrícula de 80 €. Para inscribirse é necesario enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co título da formación no asunto e os datos da persoa interesada (nome completo/teléfono/correo-e) ata o venres 19 de novembro ás 10h.
Pode descargarse o documento con toda a información e as necesidades de material das e os asistentes, así como o programa completo e currículo da docente aquí.
Este paquete formación conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).