O paso de Escena Galega na Culturgal 2021
A asociación tivo presenza no recinto ferial ao longo de toda a fin de semana e 3 actividades na grella de programación da feira
Un ano máis e tras o parón na presencialidade provocado pola COVID, Escena Galega volta á sua actividade na Feira Galega das Industrias Culturais (Culturgal) no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Nesta edición de 2021 e baixo o lema “Toca a cultura, #ACulturaQueToca”, Escena Galega tivo presenza na Feira cun stand corporativo e actividades na grella de programación.
Actividades de Escena Galega nesta edición
Con atención ao público dende o venres no stand 88-89, á tardiña o venres tivemos no Espazo Foro da Feira a presentación do novo catálogo de espectáculos das nosas 48 socias, así como un vídeo promocional e a proposta das accións de promoción de artes escénicas de cara a 2022. Dinamizou a presentación o noso xerente, Diego V. Meizoso e acompañou Gustavo del Río (Os Náufragos Teatro) como vogal da nosa entidade.
Xa o sábado visitou o noso stand en Culturgal o alumnado de Curso de Expertx Universitarix da Universidade da Santiago de Compostela (USC) e o noso xerente, Diego V. Meizoso explicoulles polo miúdo a nosa entidade e as distintas liñas de traballo anuais.
Tamén o sábado presentouse no Espazo Foro o balance da programación da 3ª edición de Camiño Escena Norte, a proposta da nosa entidade -xunto coas súas parceiras en Euskadi, Asturias e Cantabria- para o artellamento dun percorrido escénico polos territorio do Camiño a Compostela. Dinamizou a presentación Diego V. Meizoso, coordinador do proxecto, xunto a Juan Rodríguez como representante das asociacións promotoras e Jacobo Sutil da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
As socias na Culturgal
Ao abeiro do programación da feira puidemos tamén achegarnos aos stands das socias Talía Teatro e Charlatana. Tamén estiveron programadas as socias Teatro del Andamio, Charlatana, Titeres Cachirulo e mais Elefante Elegante Teatro.
Ben ledas de voltar a presencialidade nesta a nosa casa, e a casa da cultura de todas as galegas en Pontevedra. Ata o ano que vén, Culturgal!