Compañía fundada en Lalín (Pontevedra) en 1982 por Anxo García, Xulio Balado e Pilar Álvarez. A súa variada producción escénica comeza no ano 1982 e mostra as diferentes técnicas e modos deste singular teatro. Nos anos 90, dentro da compañía xurdiu Seisdedos, especializada en espectáculos de pequeno formato nos que marionetas e actores comparten escenario. Forman parte da Asociación Morreu o Demo para o coñecemento e a recuperación da nosa marioneta popular. Ademais da produción e distribución de espectáculos e a xestión do Museo Galego da Marioneta realizan outras actividades a través de Viravolta Enredos: obradoiros,cursos, exposicións, programacións