VACAburra. é o resultado da colisión de dúas artistas, Andrea Quintana e Gena Baamonde que no 2019 unen as súas inquedanzas e traxectorias nun proxecto común que xira en torno a creación escénica e coreográfica feminista en clave contemporánea, unha plataforma de creación atravesada polo corpo, a danza, a diversidade sexual, a política e o humor.