Vórtice Escénico nace en 2023 coas seguintes inquedanzas na súa base: Propomos un teatro que sexa, espello da contemporaneidade, que formule as preguntas necesarias para que o público poida dar resposta aos cambios de toda índole que a nosa sociedade está a experimentar de xeito acelerado e, en ocasións, traumático. Buscamos chegar a acadar a universalidade dunha sociedade global e partir da sinxeleza. O repertorio de Vórtice Escénico contén pezas para público adulto, pero non cabe dúbida de que un dos colectivos que está a sufrir todas as transformacións das que falabamos con maior impacto é o público adolescente. Polo que para nós é fundamental dedicar unha das nosas liñas de traballo a crear proxectos que falen da súa realidade cunha linguaxe que lles resulte familiar. Outro aspecto que temos moi presente é a fusión de linguaxes e dos códigos interpretativos, pretendendo ser unha plataforma para a experimentación e a hibridación de distintas linguaxes artísticas.