Pedras de cartón nace en 2019 na Coruña, mais cunha visión aberta ao exterior, coa intención de adaptar os clásicos da literatura para toda a familia e que podan chegar ao maior número de públicos posible.
Pedras de cartón fai unha aposta por explorar novas linguaxes e estéticas para introducir aos mais novos no amor polos clásicos.
A compañía conta para esta tarefa con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo teatro.