Paula Quintas-Cía é unha compañía cunha traxectoria de dez anos producindo espectáculos de formatos e disciplinas diversas. Hibridar danza e o circo a súa marca. O seu traballo destaca polo diálogo entre o corpo e o movemento, xerando un compoñente visual e experiencial a través de códigos contemporáneos.
Os seus últimos espectáculos como creadora son : Aurora Boreal (2025), Multiperspectivas (2021-2024), O salón dos pasos perdidos (2023), , Nina Ninette (2021), SET (2020), Alma (non é hippie) (2019), Plastic (2018), Analepsis (2017), Up2down (2015).
Paula Quintas, graduada en danza e circo, ademais é investigadora na UVigo dende o 2021, e analista do movemento en técnica Laban.