Pérez & Fernández

Pérez & Fernández

A compañía

Pérez&Fernández é unha compañía de artes escénicas, creada por Victoria Pérez e Manu Fernández, especializada en proxectos para público familiar. Dende a súa creación no ano 2015, produciron espectáculos a partir de adaptacións literararias de títulos como O poder de Amabel de Érica Esmorís, Aguratrat de Roald Dahl ou Os nenos da Varíola de María Solar, peza galardoada en 2021 ao mellor espectáculo para público familar nos María Casares e co premio Luisa Villalta pola igualdade. En 2023 estrean Nanai da China, un texto orixinal de Victoria Pérez e Xabier Romero, premio María Casares ao mellor espectáculo de monicreques. Todas as súas propostas escénicas naceron na procura de agasallar ao público cunha experiencia artística divertida feita con calidade, humor e moitísimo amor.


  • Sede

    Rua San Agustín 14-1º, 15001, A Coruña
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 657363735
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.