MORRAOCONTO é unha compañía galega de creación contemporánea fundada en 2021 en Ames (A Coruña) por Rafa Martínez, Lara Pouso e Miguel Gendre. Traballa na intersección entre teatro, danza e linguaxe audiovisual, desenvolvendo proxectos propios cunha identidade escénica definida. A palabra ocupa o centro do proceso creativo, articulando a dimensión física, visual e sonora de cada peza. As súas propostas amplían o texto desde unha perspectiva sensorial e colaboran con artistas de diferentes disciplinas para enriquecer cada creación.