KIRENIA DANZA é unha compañía galega de danza, fundada en 2019 por Kirenia Martínez Acosta, coreógrafa, bailarina e actriz, quen codirixe paralelamente a Cía. Entremáns desde 2006. É unha compañía de creación artística contemporánea que crea, dirixe, distribúe e produce proxectos escénicos. Nas súas creacións prima a investigación de novas expresións escénicas ligadas á linguaxe do movemento e a palabra.