Ítaca Teatro

Ítaca Teatro

A compañía

ÍTACA TEATRO nace en Lugo en 2018 e, dende aquela, levan estreados 6 espectáculos que manteñen en cartel. Trátase pois dunha compañía, claramente, de repertorio. Nas súas montaxes conviven sempre realidade é ficción, harmonizando o tanxible co utópico.

Debutaron con Cinco minutos sen respirar de Gustavo Ott, dirixida por Carlos Neira.

Anacos e Instrucións para tomar café son espectáculos de narración oral, contados por Carlos Rebolo.

Formigas no peto mestura a narración oral co teatro de imaxes e co teatro actoral grazas á dramaturxia de Ana Carreira e José Campanari.

En Alma de grilo aparece a música en directo de Vadim Yukhnevich nun espectáculo concibido para ser presentado en espazos non convencionais e singulares.

O seu último traballo, ata de agora, é a coprodución co CDG titulada Profetas, texto de Ernesto Is, gañador do 16º Premio Abrente de textos teatrais da MIT de Ribadavia en 2021 e que está dirixido por Carlos Alvarez-Ossorio.


  • Sede

    Rúa Doutor Gasalla, 18, baixo. 27004, Lugo
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 604046270
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.