Santiago Cortegoso e Marián Bañobre decidimos no 2010 fundar Ibuprofeno Teatro para emprender proxectos teatrais dun xeito independente integrando a escrita dramática no proceso de creación e posta en escena.
Procuramos o rigor na dramaturxia, no traballo interpretativo e na concepción dos textos e procesos de creación. Gústanos falar dos temas claves que afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar e que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.
A inicios do 2020 estreamos o noso sétimo espectáculo coincidindo cos 10 anos de vida da compañía. Durante esta década participamos en numerosas prazas e festivais de dentro e fóra de Galicia, sentíndonos moi ben acollidos e co recoñecemento de premios coma o María Casares a Mellor Actriz, Vestiario e Autor, finalista aos Max na categoría de Dirección e Autor ou o Álvaro Cun - queiro de Textos Teatrais, entre outros.