Galeatro

Galeatro

A compañía

Galeatro é a compañía de teatro profesional de Carballo. Fundada polos intérpretes Alba Bermúdez e Tone Martínez e especializada no público familiar, a súa liña de traballo esténdese desde a formación artística ata a produción de espectáculos de pequeno e gran formato. Algunhas das pezas que percorren gran parte do territorio galego son: “Entre Bechos Anda o Conto”, “Muiñada”, “Carabela”, “As Aventuras de Mariña”, “Wombo Combo” e "Arte Sen Guión", o seu primeiro espectáculo para público adulto.

Galeatro naceu coa vontade de promover a creación escénica contemporánea en lingua galega, contando para iso con dramaturgos e dramaturgas galegas vivas. Mostra disto son os seus espectáculos de sala “Muiñada”, “Carabela” e “Wombo Combo”, escritos por Ana Carreira, o primeiro, e Paula Carballeira, os dous últimos. No 2024 vén de ser galardoado co premio do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais coa peza “Berenguela na gaiola”.


  • Sede

    Rúa Oliveiras 14, 15100 Carballo, A Coruña
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 669584811
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.