Furia Sotelo

Furia Sotelo

A compañía

Furia Sotelo é a transformación de Licenciada Sotelo que aparece en 2010. Co corpo e o movemento como centro, camiña en busca dunha linguaxe escénica ecléctica e multidisciplinar, colaborando con artistas de diferentes disciplinas: danza, teatro, videocreación, música e filosofía.

Produce diversas pezas de sala, rúa e site specific que xiran en Redes de Teatros Autonómicas e festivais nacionais e internacionais.

Actualmente en xira ten os seguintes espectáculos:

Sobre ou extravío ou a arte de perderse: só de danza-teatro interpretado por Nuria Sotelo e dirixido pola directora Ana Vallés (Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2024)

Camiños que parten: espectáculo de música en directo e danza para todos os públicos, coa cantante Mounqup e Nuria Sotelo
Suit(e): dúo de danza (Nuria Sotelo) e cello (Millán Abeledo)

Fora de si: espectáculo de danza e música dirixido por Luz Arcas (Premio Nacional de danza 2024) e interpretado pola propia Luz, Nuria Sotelo e o emblemático Quique Peón.


  • Sede

    Amiadoso 65, Allariz, Ourense
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 657278320
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.