FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA (2017) estuda o movemento a través do baile tradicional galego dende a súa máis pura raíz, utilizando o folclore como o seu principal mecanismo de expresión. “EntreSoños” (2018), o seu primeiro espectáculo, conta con 23 representacións por todo Galicia sendo no ano 2019 o espectáculo de danza máis programado dentro da RGTA. “DeMente” (2021) é a súa aposta máis forte con 8 bailadores/as en escena, lanzando unha mensaxe crítica da nosa sociedade, das relacións entre persoas, dos traumas, da saúde mental e as súas patoloxías e da loita contra o estigma.