Xuntanza no Parlamento
O Pasado día 5 de febreiro, Xoque Carbajal, representando a Escena Galega, mantivo unha xuntanza coa deputada Ana Pontón, xunto con representantes da Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Asociación Galega de Guionistas, para avaliar o impacto da incompatibilidade das pensións de xubilación que afecta a calquera profesional da creación maior de 65 anos e quen desexe continuar desenvolvendo a súa actividade tras a xubilación, “ cobra a pensión ou renuncia a percibir unha retribución polos seus cursos, artigos, conferencias e dereitos de autor/a que a súa obra xere, se con iso supera en ingresos o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) anual bruto; ou continuar achegando o seu coñecemento, froito da súa experiencia ao longo dos anos e percibindo os dereitos de autor/a que lexitimamente lle corresponden, pero renunciando á súa “pensión contributiva e non contributiva.”
- Created on .
- Hits: 581