Asemblea Xeral e Encontros co Público en Redondela
Escena Galega en colaboración co Concello de Redondela acollerá a asemblea xeral e un acto de encontros co público, que terá lugar na xornada do domingo día 14.
Darse a coñecer e achegarse ao público é o obxectivo desta cita que se desenvolverá na Casa da Cultura ás 17:00 horas.
Desde a directiva da Asociación, Tatán, da compañía de títeres Tanxarina, anima aos veciños a achegarse e charlar cos membros de Escena Galega nunha cita que esperan sexa enriquecedora para todas as partes.
"O noso obxectivo é contar ao público quen somos e que facemos" explica Tatán, quen apunta tamén a necesidade de "trasladar a calquera concello e asociación que cando contrate compañías de Escena galega saiban que están contratando propostas de calidade".
- Created on .
- Hits: 729