Bases da convocatoria da Rede Cultural Deputación A Coruña
O día 22 de xaneiro saíu publicada a convocatoria da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.
Escena Galega mantivo unha xuntanza co deputado provincial e os responsables da Rede, onde lle manifestamos a necesidade de incorporar cambios no circuíto profesional referente a que as compañías para acceder sexan "profesionais" . Pensamos que froito dese encontro, nesta convocatoria 2016, un dos requisitos será o de cumprir o Convenio Colectivo:
"As compañías de teatro profesional no seu funcionamento cumprirán co disposto no I Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia(aprobado por resolución do 18 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Relacións Laborais) e as súas posteriores modificacións. A Deputación reserva a facultade de solicitarlles a estas compañías a información que considere necesaria para comprobar a súa aplicación"
- Created on .
- Hits: 675