Skip to main content
Poñemos en marcha ACOMPAÑA, o novo proxecto de consultoría e acompañamento da acción profesional para compañías asociadas a Escena Galega

Poñemos en marcha ACOMPAÑA, o novo proxecto de consultoría e acompañamento da acción profesional para compañías asociadas a Escena Galega Poñemos en marcha ACOMPAÑA, o novo proxecto de consultoría e acompañamento da acción profesional para compañías asociadas a Escena Galega

Trátase dun servizo de apoio ao traballo das nosas produtoras nos eidos da xestión económica e empresarial, a comunicación e a distribución guiado por un equipo de consultoría con perfís de referencia en cada unha das súas áreas de acción Se trata de un servicio de apoyo al trabajo de nuestras productoras en los campos de la gestión económica y empresarial, la comunicación y la distribución guiado por un equipo de consultoría con perfiles de referencia en cada una de sus áreas de acción

ESCENA GALEGA (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) presta nos últimos anos unha atención especial ao eido da formación continua, entendendo esta como un máis dos servizos que unha entidade das súas características debe ofertar ás súas asociadas e aos seus asociados. O programa formativo anual perfílase segundo as necesidades e intereses detectados no seo da asociación, sexa por peticións directas, observación ou por medio das enquisas de valoración das distintas accións específicas.

Que é Acompaña

Dende a Asociación vimos detectando que o formato de programación de cursos e obradoiros específicos estaba dalgunha maneira esgotado, pero ao mesmo tempo existen nas compañías novas necesidades que teñen que ver máis co acompañamento dos proxectos empresariais en distintos aspectos de desenvolvemento e xestión. Polo tanto, o plan deste ano 2022, no XX aniversario da asociación, é tornar este programa de formacións monográficas e curtas nun proxecto de acompañamento e consultoría personalizado e perfilado segundo as necesidades das compañías que queiran desfrutar del, por medio de xuntanzas e seguimento cun grupo de consultoría formado por destacados/as profesionais no plano galego e estatal nas seguintes áreas de acción: Xestión económica e empresarial, Comunicación e Distribución 

Cando terá lugar?

O proceso deste proxecto de consultoría e acompañamento das socias de Escena Galega estará aberto durante 7 meses ou ata o esgotamento da bolsa de horas dispoñible, puidendo empregar cada compañía un total de 15 horas do programa. 

Quen conforma o equipo consultor?

XESTIÓN ECONÓMICA E EMPRESARIAL

Equipo consultor: Fernando Piñeiro e José María Rodríguez Losada

  • Fernando Piñeiro. Fernando é diplomado en Ciencias Empresariais e Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña. Posgraduado en Coaching Persoal e de Equipos e Certificado pola International Coaching Community. A meirande parte da súa vida profesional está vencellada co emprendemento e o desenvolvemento local en distintas Administracións Públicas, tanto Autonómicas (Igape), provinciais e municipais. No ámbito da consultoría, dende o ano 2013 vén traballando no eido do desenvolvemento local e a creación de empresas, centrándose nunha parte máis empresarial como asesor ou mentor de proxectos empresariais en distintos sectores, así coma en determinados proxectos europeos, e tamén noutra parte formativa con diferentes Administracións e Organismos Públicos.
  • José María Rodríguez Losada. José María é enxeñeiro e Graduado Social, Licenciado en Ciencias do Traballo, Máster MBA en Dirección Empresarial, Coach Executivo e de Equipos. É formador, profesor, consultor e mentor de proxectos empresariais na área de emprendemento principalmente, dirixido a Pemes, profesionais autónomos e microempresas de calquera sector empresarial, Cámaras de Comercio, Confederacións de Empresarios,ou Escolas de 5 Negocio. Como consultor ofrece as respostas axeitadas aos fins que o propio cliente pretenda acadar. E como mentor trata de ser un guía, compartir as propias experiencias e coñecementos. 

COMUNICACIÓN

Equipo consultor: Lucía Martínez, Lucía Pita e Luisa Castiñeira (The Office Comunicación)

  • Lucía Martínez. Lucía é xornalista e consultora de comunicación enfocada na contorna dixital. Tras dez anos de experiencia en medios como TVE ou a Axencia EFE, especialízase no eido da estratexia dixital, a comunicación en liña e as redes sociais, e comeza a xestionar a mensaxe de marcas, empresas e institucións na rede. Desde 2015 forma parte de The Office como responsable do equipo de comunicación dixital, dirixindo esta parte de proxectos culturais como o Festival de Otoño, Madrid en Danza, FIOT, Camino Escena Norte, Cineuropa, a Semana do Cinema Galego, Elefante Elegante, ButacaZero, o Festival Noroeste Estrella Galicia, Sinsal ou Momentos Alhambra Acustiquísimos, entre outros. Lucía Pita é tamén xornalista e consultora de comunicación. Inicia a súa traxectoria en redaccións de ámbito estatal para despois desenvolver campañas como responsable de medios sociais no ámbito do lecer e da cultura en Galicia. Entre os anos 2015 e 2019 traballa no Gabinete de Prensa do Concello da Coruña e regresa en 2019 a The Office. Desde entón, forma parte do equipo de prensa de proxectos como Sinsal, FIOT, Camino Escena Norte, Fanzine Fest, SonRías Baixas, EHMU ou Cineuropa; compañías 7 como Voadora & Marta Pazos, ButacaZero ou Elefante Elegante; e de grupos como Tanxugueiras, Sés, Mercedes Peón ou Xisco Feijoó.
  • Luisa Castiñeira. Luisa é xornalista e consultora de comunicación especializada en cultura e artes escénicas. Logo de traballar como editora e redactora no diario El Mundo durante cinco anos, nos últimos quince dirixe e desenvolve campañas de comunicación para proxectos como Festival de Otoño (no que exerce de xefa de prensa durante 12 edicións), Madrid en Danza, Escena Contemporánea, MIT Ribadavia, FIOT, Teatros del Canal, Conde Duque Madrid, Teatro Quique San Francisco, Festival Noroeste Estrella Galicia, Voadora, ButacaZero, Elefante Elegante ou El Pavón Teatro Kamikaze, entre outras iniciativas culturais

DISTRIBUCIÓN

Consultora: Nines Carrascal

  • Nines Carrascal é Licenciada en Historia Contemporánea e Máster en Xestión Cultural, Música, Teatro e Danza (ICCMU) A súa traxectoria profesional comeza no ano 1995 no ámbito da produción e distribución de artes escénicas coa compañía Histrión Teatro, coa que leva producidos máis de 20 espectáculos. Anos despois crea Escena Granada Distribución e traballa con compañías como a Companhia do Chapitô, Producciones Imperdibles, Johan Lorbeer ou El Gran Dimitri. Como docente imparte numerosos talleres de distribución e participa como ponente en foros e encontros do sector. Dirixiu diversos estudos de investigación e actualmente é a comisaria de MERCARTES.

ACOMPAÑA é unha iniciativa creada para fortalecer o servizo de consultoría e formación continua da asociación co gallo do noso XX aniversario, e é posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia por medio da Agadic.

 

 

ESCENA GALEGA (Asociación Gallega de Empresas de Artes Escénicas) presta en los últimos años una atención especial al campo de la formación continua, entendiendo esta cómo uno más de los servicios que una entidad de sus características debe ofertar a sus asociadas y a sus asociados. El programa formativo anual se perfila según las necesidades e intereses detectados en el seno de la asociación, sea por peticiones directas, observación o por medio de las encuestas de valoración de las distintas acciones específicas.

¿Qué es Acompaña?

Desde la Asociación venimos detectando que el formato de programación de cursos y talleres específicos estaba de alguna manera agotado, pero al mismo tiempo existen en las compañías nuevas necesidades que tienen que ver más con el acompañamiento de los proyectos empresariales en distintos aspectos de desarrollo y gestión. Por lo tanto, el plan de este año 2022, en el XX aniversario de la asociación, es tornar este programa de formaciones monográficas y cortas en un proyecto de acompañamiento y consultoría personalizado y perfilado según las necesidades de las compañías que quieran disfrutar de él, por medio de reuniones y seguimiento con un grupo de consultoría formado por destacados/las profesionales en el plano gallego y estatal en las siguientes áreas de acción: Gestión económica y empresarial, Comunicación y Distribución

¿Cuándo tendrá lugar?

El proceso de este proyecto de consultoría y acompañamiento de las socias de Escena Gallega estará abierto durante 7 meses o hasta el agotamiento de la bolsa de horas disponible, puidendo emplear cada compañía un total de 15 horas del programa.

¿Quién conforma el equipo consultor?

GESTIÓN ECONÓMICA Y EMPRESARIAL

Equipo consultor: Fernando Piñeiro y José María Rodríguez Losada

  • Fernando Piñeiro. Fernando es diplomado en Ciencias Empresariales y Licenciado en Ciencias Económicas y Empresariales por la Universidade da Coruña. Posgraduado en Coaching Personal y de Equipos y Certificado por la International Coaching Community. La mayor parte de su vida profesional está vinculada con el emprendimiento y el desarrollo local en distintas Administraciones Públicas, tanto Autonómicas (Igape), provinciales y municipales. En el ámbito de la consultoría, desde el año 2013 viene trabajando en el campo del desarrollo local y la creación de empresas, centrándose en una parte más empresarial como asesor o mentor de proyectos empresariales en distintos sectores, así como en determinados proyectos europeos, y también en otra parte formativa con diferentes Administraciones y Organismos Públicos.
  • José María Rodríguez Losada. José María es ingeniero y Graduado Social, Licenciado en Ciencias del Trabajo, Máster MBA en Dirección Empresarial, Coach Ejecutivo y de Equipos. Es formador, profesor, consultor y mentor de proyectos empresariales en el área de emprendimiento principalmente, dirigido a Pymes, profesionales autónomos y microempresas de cualquier sector empresarial, Cámaras de Comercio, Confederaciones de Empresarios,o Escuelas de 5 Negocio. Como consultor ofrece las respuestas idóneas a los fines que el propio cliente pretenda alcanzar. Y como mentor trata de ser un guía, compartir las propias experiencias y conocimientos.

COMUNICACIÓN

Equipo consultor: Lucía Martínez, Lucía Gallina y Luisa Castañar ( The Office Comunicación)

  • Lucía Martínez. Lucía es periodista y consultora de comunicación enfocada en el entorno digital. Tras diez años de experiencia en medios como TVE o la Agencia EFE, se especializa en el campo de la estrategia digital, la comunicación en línea y las redes sociales, y comienza a gestionar el mensaje de marcas, empresas e instituciones en la red. Desde 2015 forma parte de The Office como responsable del equipo de comunicación digital, dirigiendo esta parte de proyectos culturales como el Festival de Otoño, Madrid en Danza, FIOT, Camino Escena Norte, Cineuropa, la Semana del Cine Gallego, Elefante Elegante, ButacaZero, el Festival Noroeste Estrella Galicia, Sinsal o Momentos Alhambra Acustiquísimos, entre otros. Lucía Gallina es también periodista y consultora de comunicación. Inicia su trayectoria en redacciones de ámbito estatal para después desarrollar campañas como responsable de medios sociales en el ámbito del ocio y de la cultura en Galicia. Entre los años 2015 y 2019 trabaja en el Gabinete de Prensa del Ayuntamiento de A Coruña y regresa en 2019 a The Office. Desde entonces, forma parte del equipo de prensa de proyectos como Sinsal, FIOT, Camino Escena Norte, Fanzine Fest, SonRías Bajas, EHMU o Cineuropa; compañías 7 cómo Voladora & Marta Pazos, ButacaZero o Elefante Elegante; y de grupos como Tanxugueiras, Sedes, Mercedes Peón o Xisco Feijoó
  • Luisa Castiñeiras. Luisa es periodista y consultora de comunicación especializada en cultura y artes escénicas. Después de trabajar cómo editora y redactora en el diario Él Mundo durante cinco años, nos últimos quince dirige y desarrolla campañas de comunicación para proyectos como Festival de Otoño (en lo que ejerce de jefa de prensa durante 12 ediciones), Madrid en Danza, Escena Contemporánea, MIT Ribadavia, FIOT, Teatros de él Canal, Conde Duque Madrid, Teatro Quique Sano Francisco, Festival Noroeste Estrella Galicia, Voladora, ButacaZero, Elefante Elegante o Él Pavón Teatro Kamikaze, entre otras iniciativas culturales

DISTRIBUCIÓN

Consultora: Nines Carrascal

  • Nines Carrascal es Licenciada en Historia Contemporánea y Máster en Gestión Cultural, Música, Teatro y Danza ( ICCMU) Su trayectoria profesional comienza en el año 1995 en el ámbito de la producción y distribución de artes escénicas con la compañía Histrión Teatro, con la que lleva producidos más de 20 espectáculos. Años después crea Escena Granada Distribución y trabaja con compañías como la Companhia del Chapitô, Producciones Imperdibles, Johan Lorbeer o Él Gran Dimitri. Como docente imparte numerosos talleres de distribución y participa como ponente en foros y encuentros del sector. Dirigió diversos estudios de investigación y actualmente es la comisaria de MERCARTES.


ACOMPAÑA es una iniciativa creada para fortalecer el servicio de consultoría y formación continua de la asociación con motivo de nuestro XX aniversario, y es posible gracias a la colaboración de la Xunta de Galicia por medio de la Agadic.

 

FaLang translation system by Faboba