18 espectáculos e 12 presentacións formato

18 espectáculos e 12 presentacións formato "pitching" compoñen a programación do Galicia Escena PRO 2022

O mercado galego das artes escéncias terá lugar do 6 ao 9 de xuño en Compostela e está co-organizado por Escena Galega en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais

Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes escénicas -que organiza conxuntamente Escena Galega coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais- vén de presentar a súa programación do 2022.A 10º edición deste mercado terá lugar do 6 ao 9 de xuño en diferentes espazos de Compostela e nela atopamos as seguintes propostas

Espectáculos seleccionados

  • A Familia Real, de Aporía Escénica e Olivas Negras
  • A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro
  • Amantis, de Rebordelos
  • Cantas patas para un banco?,de Cía. iO
  • Comando Comadres,de Matrioshka Teatro
  • Come and Go, de Helena Salgueiro (en coprodución con Centro Dramático Galego)
  • Desconexión, de Títeres Alakrán
  • Divertimentos, de N+1 & Cuarteto Alicerce
  • Festina Lente, de VACAburra (en coprodución con Centro Coreográfico Galego)
  • Hugo, de Os Náufragos Teatro
  • Intempestiva, de Elahood
  • O deus do pop, de Diego Anido
  • O Péndulo, de Inversa Teatro (en coprodución con Centro Dramático Galego)
  • Onde pousa a humidade, de Marcia Vázquez
  • Ragazzo, de Barrosanta
  • Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro
  • TABÚ, de Colectivo Glovo (en coprodución con Centro Coreográfico Galego)
  • Vértigo, de Pistacatro Productora de Soños

Como en edicións anteriores, Galicia Escena PRO tamén organiza presentacións en formato pitching, para as que foron seleccionadas 12 propostas pendentes de estrea.

Propostas de pitching

  • 30 anos cantando con Migallas, de Migallas Teatro
  • A barca do inferno, de Moving Compass (en coprodución con Centro Dramático Galego e Cidade da Cultura de Galicia)
  • Dcinecleta, de Musicarte Rey Saavedra
  • Esas cousas marabillosas (A loita contra o estigma e a ignorancia desde a comedia), de Empatía Teatro
  • Hai quen escolle os camiños máis longos / Há quem escolha os caminhos mais longos, de Berrobambán
  • Multiperspectivas, de Paula Quintas Cía
  • Ninja, de Ghazafelhos
  • Papaguena, de ButacaZero
  • Pirolíticos, de Producións Teatrais Excéntricas. Mofa & Befa
  • PYKA, de Cinema Sticado
  • Sofá, de Marta Alonso Tejada
  • ULTREIA “Ao final do camiño estás ti”, de Mago Teto

A comisión artística de selección estivo composta por Patricia de Lorenzo González, Santiago Nieto Romarís e Ruth Balbís Calviño

Toda a información dispoñible en www.galiciaescenapro.gal 

 

© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.