Escena Galega renova a súa colaboración con Cafés Candelas como patrocinadora oficial da actividade da sectorial por segundo ano consecutivo
A empresa de café lucense únese novamente a EG, tendo presencia en actividades como Galicia Escena PRO, as nosas xornadas profesionais ou a xornada de promoción escénica e musical en colaboración con AGEM
Escena Galega -a asociación de Empresas de Artes Escénicas de Galicia- e Cafés Candelas continúan a súa andaina xuntas. Por segundo ano consecutivo, a empresa cafeteira lucense será a patrocinadora oficial da actividade da asociación sectorial. O convenio, asinado nos últimos días, celébrase con café na nova sede de EG no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.