Escena Galega publica un estudo comparativo do volume de actividade e o impacto da COVID-19 na actividade das compañías produtoras asociadas

Escena Galega publica un estudo comparativo do volume de actividade e o impacto da COVID-19 na actividade das compañías produtoras asociadas

O estudo elaborouse a partir dun mostreo de 20 compañías produtoras asociadas de distintas tipoloxías, tamaños, fórmulas xurídicas e empresariais, modelos de produción e tipos de espectáculos distribuídos

Escena Galega, Asociación de Empresas de Artes Escénicas de Galicia, publica un estudo comparativo do volume de actividade e impacto da COVID-19 na actividade das compañías produtoras asociadas entre as anualidades 2019 e 2020.

O estudo comparativo das anualidades 2019 e 2020 e o impacto da COVID-19 está realizado analizando a nivel de volume bruto de facturación, contratación de persoal artístico e non artístico e distribución. Traballa sobre un mostreo de 20 compañías asociadas, das que se incluíron os datos completos de ambos períodos.
 

Notas aclaratorias do estudo

(1) Este estudo comparativo elabórase a partir dun mostreo de 20 compañías produtoras asociadas a Escena Galega, de distintas tipoloxías, tamaños, fórmulas xurídicas e empresariais, modelos de produción e tipo de espectáculos distribuídos.

Número de compañías analizadas: 20 Profesionais autónomos/as: 5 Microempresas: 15 (SL / SLU / SC)

(2) Os datos desglosados e analizados corresponden aos seguintes inputs de información: volume bruto de facturación anual / volume de contratación de persoal artístico / volume de contratación de persoal non artístico / volume de distribución (número de funcións realizadas)

(3) Establécense primeiro 4 desgloses comparativos entre os datos de ambas anualidades, ao final do documento trasládanse eses datos a outras tantas gráficas en formato táboa.

(4) En canto á simboloxía utilizada nos desgloses:

O símbolo (-) significa descenso dos volumes analizados entre 2019 e 2020. O símbolo (+) significa incremento dos volumes analizados entre 2019 e 2020.

 

Pódese revisar o estudo completo aquí.

 

© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.