Teatro do Morcego

Socia de honra

A compañía

Compañía fundada no ano 1989 polo actor e director Celso Parada e Isabel Ávila. Mantén a súa actividade ininterrompida desde entón, recibindo premios como os Compostela por Misterio cómico e Doberman; María Casares por Lazariño de Tormes, e sendo finalista en varias ocasións.

Realizou importantes montaxes como: O burgués fidalgo, de Molière. Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. A Gran ilusión, de Eduardo de Filippo. Morte accidental dun anarquista, de Darío Fo, etc.

Na compañía traballaron e traballan importantes actores galegos como: Maxo Barjas, Luísa Merelas, Santi Prego, X. Estévez, X. Carlos Mosquera «Mos», Carlos Blanco, Paco Campos, Miguel Varela, Mundo Villalustre, Gonzalo Uriarte, E. R. Cunha «Tatán», Pepa Barreiro, Casilda García, Sonia Rúa, Salvador del Río, Miguel Pernas, Elina Luaces, Iolanda Muíño, etc.

No ano 2009 convértese en compañía residente do Concello de Narón pola súa longa traxectoria profesional e cunha produción estable.


  • Sede

  • Correo-e

Teléfonos
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.