SIL Producciones/Artes en movimiento quere ser unha plataforma de colaboración artística de distintos perfís relacionados directamente co movemento, sexan músicos, deseñadores de luces, de vestiario, intérpretes, bailarinas/é, actrices/ores, performers ou calquera outro tipo de profesionais das Artes escénicas. Afincada en Galicia desde hai 4 anos, Mikel Arístegui, o seu director artístico ten unha longa traxectoria de máis e 30 anos como creador e colaborador en Alemaña, Suíza, Francia, Inglaterra, Italia, Irlanda e Polonia. Traballando como intérprete e codirector con numerosos artistas, desde Thomas Ostermeier ata Sasha waltz & Guest, pasando por Dv8- Physical Theater entre outros.
Xunto a Marcela San Pedro, obtivo o primeiro premio de coreografía do VIII Certame Coreográfico de Madrid en 1994, desde entón participou como coreógrafo en diversos festivais de Europa e Sudamerica, tamén realizou o 1 er e o 2 do Festival de Coreógrafos Vascos en Berlin en 2009 e 2011 respectívamente. En Galicia está a traballar para achegar a danza contemporánea e o teatro físico ao rural e forma parte da xunta directiva de ADDE- Dantza, asociación de profesionais da danza do Pais Vasco ademais de ser presidente de Danza- T, rede de profesionais da danza a nivel estatal.