Sempre Arriba é a compañía de clown e circo coa que me presento, son Marta Iglesias, artista multidisciplinar galega.
Despois de 7 anos dedicada ao clown de hospital coa Fundación Theodora, alén das colaboracións con outras compañías de clown, improvisación, teatro de rúa e circo, en 2018 comezo a miña andaina en solitario.
Especializada na pedagoxía de clown de Michel Dallaire, busco facer espectáculos onde existe unha conversa directa co público e nos que se introducen as técnicas circenses dende unha proposta máis teatralizada