Sarabela Teatro
Fundación 1980
Sarabela Teatro está situada na cidade de Ourense e leva 36 anos de traballo incesante. Ademais da produción de espectáculos infantís e de adultos, desprega unha ampla actividade formativa, creativa e de dinamización. Tamén organiza tres Mostras e Festivales (MOTI; MITEU e FITO), proxectos que impulsan o encontro intercultural.
Destaques
- Ensaio sobre a cegueira de José Saramago, a súa creación máis recente; recibiu 7 nomeacións na pasada edición dos premios María Casares e dúas nos Premios Max de Teatro.
- Conta con 6 Premios Compostela; 40 María Casares; 5 Fetén; 1 Celestina. Foi finalista en 4 ocasións nos premios Max e en Teatralia. 1 Premio Max ao mellor texto: Dáme veleno, eu tamén soñar. Premio do espectador no FIOT de Carballo. Recibiu 6 premios de Honra: Xiria, Abrente, Palas de Rei, FETEGA e AELG 2014 e o Premio de Honra Primavera de Cine en Vigo 2015.
- A súa directora recibiu en 2015 o Premio Clara Campoamor do Concello de Ourense.

Sede
- Valle Inclán nº 25 Oficina 13, 32004 Ourense.
Teléfono
- 988247483
- Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.