Rebordelos é o espazo de exploración e traballo no que Xacio Baño e Tamara Canosa sementan proxectos artísticos propios e colectivos. Un terreo de creación a lume lento, artesá.
Un viveiro de pezas cinematográficas e teatrais que investigan linguaxes propias, a memoria e as voces infrarrepresentadas coa vocación de aportar a un patrimonio común.