Producións Teatrais Excéntricas

Producións Teatrais Excéntricas

A compañía

Excéntricas é un proxecto teatral que se desliza confortablemente polos vieiros da comedia, e domina o uso do humor como instrumento óptico para ollar o mundo e os seres humanos.

Excéntricas ten tres formatos de espectáculos: os que protagoniza o dúo Mofa e Befa, con obras de elaboración propia, métodos artesanais e forte contido satírico, que son na actualidade unha referencia no humor adulto; Noutro formato atópanse os espectáculos narrativos de Quico Cadaval, que mesturan a tradición e o cabaret, e unha terceira liña, na que se parte de textos de autores contemporáneos como Shakespeare,
McDonagh ou Valle-Inclán, que teñen en común o uso do humor como ferramenta crítica e da intelixencia como materia para a burla e para o riso.

Algúns dos nosos éxitos foron “Shakespeare para Ignorantes”, "O Porco de Pé", ou "O Auto do Castromil". Os desta tempada son "As Desterradas" e "Mala Vida e Pior Morte de Ricardo III". E no vindeiro espectáculo teremos un autor de excepción: Daniel Castelao.


  • Sede

    Rúa Ponte do Sar 4 baixo dereita 15702 Santiago de Compostela
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 618752105
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.