Compañía de danza contemporánea desde o 2004, residente do Teatro Ensalle de Vigo e dirixida por Rut Balbís. Conta con 9 espectáculos e o 1º premio do XXI Certamen Coreográfico de Madrid no 2007.
A base do seu proxecto artístico reside nun traballo de investigación desde o corpo e os seus límites a través da creación contemporánea. Coa súa última peza D9 estrenada no 2018 a compañía conta cun equipo renovado de bailaríns e Dj presentando una nova etapa artística.