MARTAALONSOTEJADA Cía é a compañía galega de danza dirixida por Marta Alonso Tejada. As súas creacións combinan danza, teatro, circo, audiovisual, humor e clown, cun enfoque contemporáneo e accesible. Entre as súas obras destacan Bailar Agora, Sofá e Dance Join, pezas que exploran o corpo, as expectativas sociais e o ritmo de vida actual. A compañía realizou máis de 80 funcións en Galicia, no resto do Estado e a nivel internacional, e foi recoñecida en premios como os María Casares, FETÉN ou MIT de Ribadavia. Marta Alonso Tejada é tamén directora do festival Abanea, dedicado á danza en espazos non convencionais.