Magia en la Manga é unha compañía profesional de ilusionismo creada polos magos galegos Óscar Fernández e Sara Rodríguez, con máis de quince anos de experiencia en escenarios de todo o país. Con estilos propios, comparten o obxectivo de difundir e poñer en valor a maxia como arte escénica. Desde a súa orixe en 2018, especializouse en espectáculos culturais para todos os públicos, destacando “A igualdade non ten truco”, “The Best Magic Trick in the World” e “Ilusións do Camiño”. En 2023 convértese en sociedade cooperativa, primeira compañía de maxia asociada a Escena Galega, e abre a primeira escola de maxia de Galicia en Vigo. Foi recoñecida no Pont-Up Store 2019 como mellor proxecto en Formación, Educación, Arte e Cultura. Entre as súas colaboracións: Museo Centro Gaiás, Xacobeo 2021, Fundación Ciudad de la Energía, Vigocultura, Salón do Libro de Pontevedra, Vialia Vigo e Grupo SM.