Cultura Activa Producións

Cultura Activa Producións

A compañía

Traballamos na xestión cultural, o teatro e a dinamización social, desde o ámbito creativo e formativo. Poñemos ás persoas no centro entendendo a cultura como ferramenta de desenvolvemento humano, social e económico. Mostra diso son producións como Nada Se Sabe, As Alumnas (Premio Nacional de Literatura Dramática 2023) ou Vía Morta. Na nosa liña familiar centrámonos no humor, a divulgación, a lingua e os dereitos con producións como Castelao, Máis Saaabor ou Rosalía.

O noso equipo está especializado na distribución e produción escénica, na formación e na xestión integral de programacións e proxectos comprometidos e transformadores.

O noso compromiso social materializase tamén no colectivo Pallas@s en Rebeldía, unha rede internacional que promove a solidariedade e a risa como motores de cambio social, apoiando a loita pola supervivencia dos pobos en conflito para defender os dereitos humans, espertar a esperanza a través das artes e desenvolver a fraternidade entre os pobos.


  • Sede

    Rúa Triacastela 3 Baixo, 15703 Compostela, A Coruña
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 981582836
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.