Constance Hurlé é unha compañía de artes do movemento de carácter multidisciplinar onde o eixo é o diálogo entre a palabra, o corpo e a música.
Xorde ao redor da figura artística galega-asturiana Constance Hurlé, adicta á expresividade, no sentido máis amplo do termo, que comeza a sacar adiante producións propias na súa época universitaria en Santiago de Compostela. Desde o ano 2010 daralle unha forma escénica ás súas creacións literarias a base de micro pezas, monólogos ou performances.
Co paso do tempo afianza a súa linguaxe escénica onde tanto a poesía como a música adquirirán cada vez máis importancia, converténdose en marca diferenciadora desta compañía.
As súas pezas camiñan no fío da performance procurando unha identidade xenuína, fuxindo das categorías tradicionais de teatro, danza ou poesía.