Colectivo Glovo nace no 2016 baixo a dirección de Esther Latorre (España) e Hugo Pereira (Portugal) en Valencia, xerando así un espazo de creación onde ambos, intérpretes e coreógrafos, desenvolven conxuntamente a súa faceta máis imaxinativa. Residentes en Galicia dende 2019, traballan na creación da escena tanto para teatros coma espazos non convencionais, xa que un dos seus principais obxectivos coma compañía é aumentar as dimensións do alcance das dinámicas do corpo. Glovo admite a súa paixón pola linguaxe do movemento e persegue a investigación das novas expresións escénicas.
·Seleccionado para o catálogo do circuito nacional Danza a Escena 2021 ·Peza finalista no VII Certame coreográfico Nacional DanzaXtrema20 ·No 2020 a peza entrou a formar parte do circuito Red Acieloabierto ·1º PREMIO en Bailando con Piedras, Certamen Internacional de Coreografía Burgos - NY, 2019 ·Mención especial do Xurado no Festival Corto In Danza, Italia, 2019 ·Mención Especial en Danza Inunda Santander de La Espiral Contemporánea, Santander, 2019 ·Premio do Público no Festival Sólodos En Danza Ourense 2016