O colectivo Cinema Sticado nace en 2015 co obxectivo de explorar as posibilidades expresivas que xurden nas fronteiras entre os campos escénico e audiovisual. Cinema ao vivo, poesía visual, monicreques e animación son algunhas das claves que se funden no seu universo. As liñas de investigación recorrentes son a manipulación, o poder e a corrupción. A compañía integrada por Xosel Díez e Helena Varela ten a súa sede na península do Morrazo. Os seus espectáculos teñen sido acollidos en todo o territorio nacional, Portugal, Suiza, Bulgaria e Polonia.