Chévere é unha compañía de axitación teatral con 38 anos de traballo ao lombo. En 2014 recibe o Premio Nacional de Teatro polo seu compromiso social e cultural e coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade.