Creada en 2025 por An González e Andrea Maseda, a compañía Bengala Teatro Físico está formada por artistas multidisciplinares que apostan por novas linguaxes dende unha perspectiva social e de xénero cun obxectivo: reflexionar a través da arte, aspirando a ser paridoras de preguntas.
Nun mundo convulso que demanda afondar e achegar luz ás problemáticas sociais máis alarmantes, este proxecto nace dende a procura dun teatro onde sexa posible investigar e transladar todas estas cuestións á sociedade, creando escénicamente dende os View Points e contruíndo a dramaturxia dende a pregunta: Por que se precisa esta obra agora?
Espectáculos:
- As Fillas da Silveira (estreo finais de 2027)
- Alicia Wants To (2026 - actualmente)
- En Carne Viva (2025-2026)