Benvido a Ártika Compañía!
Para nós, o teatro non só entretén, senón que ten unha finalidade clara. Cada unha das nosas producións busca unir a maxia do espectáculo cun enfoque educativo e crítico, fomentando a reflexión e a concienciación no noso público. Dedicámonos a ser ese vínculo vital entre as artes escénicas e o compromiso social, proporcionando experiencias teatrais que inspiran, educan e marcan verdadeiramente a diferenza.
A compañía Ártika Cia é finalista dos Premios María Casares con dúas das súas producións. "Pum! Pum! Quen ahí?" está nominada a Mellor Maquillaxe (Fernanda Barrio e Rocío Salgado) e Mellor Espectáculo Infantil.
"Non pasarán" é finalista nas categorías de Mellor Vestuario (Carlos Alonso) e Mellor Texto Orixinal (Vanesa Sotelo e Tito Asorey).