A Panadaría amasa un teatro de creación propia e compromiso social baseado nunha linguaxe fresca e irreverente. O teatro artesán da compañía, que afonda no traballo de actriz, no humor e na música vocal, foi galardoado co Premio da Crítica Galicia 2015, Premios María Casares, Premio da MIT, Premio FETEGA, Premio Luísa Villalta, Premio Begoña Caamaño ou o Premio Xiria ao labor teatral 2025. En cartel todo un éxito de público e crítica, As que limpan, en coprodución co Centro Dramático Nacional. En 2023 A Panadaría celebrou o seu 10º aniversario.