A xanela do maxín

A xanela do maxín

A compañía

A Xanela do Maxín comeza a súa traxectoria no 2007 e destaca pola fusión de disciplinas como o teatro de monicreques, de actor/actriz, visual ou de obxectos, integrando efectos lumínicos, escenográficos ou a música en vivo como partes esenciais da posta en escena.

A súa liña principal céntrase na creación de espectáculos interdisciplinares dirixidos ao público infantil e familiar, cunha forte aposta pola calidade estética, o coidado dramatúrxico e os valores sociais e educativos.
Ademais, desenvolve proxectos audiovisuais como Os Toupiconsellos (2020) e Toupiciencia (2021), nos que combina humor, ciencia e divulgación para todos os públicos.

Algunhas das súas obras tamén foron adaptadas a formato libro a través do selo Guindastre Edicións, como U-la lúa?, O Apalpador e a nena sen medo ou A viaxe de Saira.


  • Sede

    Lg.Quintáns, 18 – 15865 (Brión)
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 635364587
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.